lunes, 11 de octubre de 2010

Gala Dolmen 2010

Xa se achea a entrega dos Dolmens de este ano.
A XXII Gran Gala do Dolmen de Ouro terá lugar este ano en Ribeira, o venrés 15 de outubro no Restaurante Baiuca , situado na parroquía de Artes.

Esperamos que todos os asistentes a esta gala disfruten dunha boa velada.

martes, 5 de octubre de 2010

Candidato Dolmen de Ouro 2010

José Luis Quintáns Suárez naceu no concello de Teo no ano 1951.
Non sería ata o ano 1969 cando se trasladou a vivir a Ribeira por motivos profesionais, naquel momento traballaba de fonteneiro e electricista.
Foi no ano 1976 cando a sua vida profesional da un cambio comezando como vendedor de alimentación para algunha das empresas desta comarca.
Xa no ano 1978 prodúcese o seu primer contacto coa Danone, propoñéndolle a compañia a distribución para zona como autónomo.
Terá todavía que esperar algúns anos para poder facer crecer ese proxecto e será no ano 1982 cando crea a súa primeria sociedade civil.
Nese momento só tería dous camións de reparto para realizar a distribución nas poboacións de Ribeira, Aguiño, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Pontecesures, Porto do Son e Noia.
No ano 1991 prodúcese un novo crecemento do negocio coa incorporáción das poboacións de Bertamiráns, Negreira, Outes, Muros, Cee, Corcuvión e Fisterra. Debido a esas novas incorporacións decide constituir L.Quintans, s.l.
E nese momento cando se instala nunha nave no polígono de Xarás, ata ese momento a ubicación da empresa estaba na Pobra do Caramiñal.
A partir desta data a empresa foi crecendo pouco a pouco buscando novos clientes e dando maior cobertura aos existentes.
Na actualidade a Empresa posee 5 camións de reparto, todos eles dotados con equipos de aire frío e plataforma elevadora.
As instalacións actualmente constan de 2 cámaras frigoríficas e unha zona de preparación de pedidos. Posee 3 turismos para o uso dos comerciais. Estos están dotados de equipos de última xeración que permiten o envío dos pedidos en tempo real.
Desta forma a plantilla esta composta de 14 empregados fixos dados de alta no réxime xeral.
Distribuidos en: 3 comerciais, 5 suministradores de reparto, 3 camaristas, 2 repoñedores, 1 televenta.
A empresa ten unha traxectoria intachable en canto ao servicio de todas as poblacións as que surte. Actualmente a empresa distribue Danone, Bitnii, Ferrero e loxística en xeral.